Xornada 5 - 6 Abril:
Necesaria esta vitoria do Prebenxamín para levantar o ánimo despois das derrotas contra os fortes de esta Fase de Ascenso. Partido contra un rival inferior da zona baixa no que non pasamos apuros en ningún momento, logramos encerrar ao rival na súa área durante moitas fases. Aínda que faltou fluidez no xogo en moitos momentos, a superioridade nos duelos marcou a diferenza. Apréciase un pequeno baixón xeneral e erros á hora de combinar que antes non se producían. Aínda así super contentos e a seguir traballando xuntos con este grupazo.