domingo, 24 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 

Partido moi ben competido por el Prebenxamín B no que fomos superiores en todos os parciais a excepción do segundo. Só a falta de acerto para portería con dous tiros ao pau e un balón que se pasea pola linea de portería na última xogada do partido prívannos dun mellor resultado máis que merecido.

domingo, 17 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 

O SuperPorteiro Lois para o penalty

Foi un partido de ida e volta moi divertido xogado polo Prebenxamín B, cometemos erros atrás nese reparto de golpes que fixo que o resultado final fose 0-2 en contra. Gran partido de Álex e Beltrán. Mencionar o gran xogo de Leo dos Minis e o noso porteiro Lois que salvou un penalti.

lunes, 11 de marzo de 2024

Lorena Selección!!!!

 Lorena, xogadora do Alevín B, convocada pola Selección Feminina de Vigo Sub-11- Parabéns CRACK!!!


 

domingo, 10 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 

Partido moi igualado o disputado polo Benxamín B ante o San Miguel, un dos equipos da nosa Liga que con esta vitoria abre unha brecha na clasificación.

domingo, 3 de marzo de 2024

O Arenas en Xogo

 


Gol de Tristán no triunfo por 4-0 do Prebenxamín A nun encontro no que foron moi superiores ao rival, dominando completamente o encontro e sen pasar apuros en ningún momento.

domingo, 25 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Outro partido do Prebenxamín B no que perden a pesar de marcar máis goles no cómputo xeral que o seu rival. Tamén é certo que cometemos erros impropios dun equipo neste momento da tempada. Para o Montecastelo marcar un gol no primeiro cuarto e outro no último, lle foi suficiente para lograr a vitoria final.

miércoles, 21 de febrero de 2024

Os 50 Mellores: Pahíño

 

Vídeo curto sobre Pahíño publicado en Youtube por "Adrián Alvarellos: Historia do Celta" e onde fai unha pequena referencia ao Arenas de Alcabre.

domingo, 18 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

Duelo fraternal que enfrontaron os nosos dous equipos Prebenxamíns nesta xornada de Liga. Partido moi igualado onde se confirmou a boa evolución dos dous equipos. Destacar a actitude de todos e a notable evolución do Prebenxamín B. Nun dos goles do Prebenxamín A tocaron o balón 6 xogadores, logrando a máxima do fútbol base, que é o que se pretende.

miércoles, 14 de febrero de 2024

AQUÍ HAY CANTERA 12/02/2024

No programa "Aquí Hay Cantera" de Televigo, este pasado luns comentaron o partido do Xuvenil A, a partir do minuto 6:25.

domingo, 11 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Bo partido dos cativos do Prebenxamín B que tiveron o partido controlado en todo momento. Empataronnos no seu único remate a portería coa sorte de que o campo foi moi rápido e ese longo rebote condenounos. Rematamos o partido con acoso constante, meténdose na súa área pero o balón non quería entrar. Fallamos 4 cara a cara seguidas. Mencionar o gran partido que fixo o noso Crack, Breogán, que só permitiu que nos dispararan a portería unha vez.

domingo, 4 de febrero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Vídeo cos goles de Luka e Alex en un Bo partido do Prebenxamín B no que tivemos moitas ocasións e de feito marcamos moitos goles no primeiro parcial. Co 0-0 no segundo cuarto o árbitro anulou un gol por fóra de xogo pese a ser un pase detrás do defensa. Despois permite que se saque unha falta cando aínda estamos montando a barreira, el mesmo recoñece o seu erro. Logo foi imposible marcar un gol cos 8 contrarios na súa portería. Moi orgullosos dos cativos que saíron xogando ao balón, tocando por detrás. A pesar de todo, o árbitro é un fenómeno que se comportou moi ben cos cativos. E mención especial para Alai dos biberóns que, acabando de cumprir 5 anos, é unha auténtica xoia.

domingo, 28 de enero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Mala xornada para os Cracks do  Prebenxamín B ante o Cultural Areas que rematou cunha clara derrota por 0-4.

jueves, 25 de enero de 2024

Fin da Primeira Volta da Liga

 Xogadores e técnicos analizan e cóntannos as súas impresións sobre esta primeira volta que acaba de finalizar e o que esperan da segunda que comeza esta xornada.


 

domingo, 21 de enero de 2024

O Arenas en Xogo

Esta fin de semana non houbo xornada de Liga para os equipos de fútbol 8.

Derrota pola mínima do Infantil B ante un equipo da nosa liga que con esta vitoria nos adianta na clasificación.

sábado, 20 de enero de 2024

Parabéns para Lucía

Este venres, Lucía a nosa Superxogadora do Prebenxamín B, cumpreu o seu aniversario e recibiu as felicitacions de Pauleta, a capitana do Benfica, e de Tere Abelleira, a campioa do mundo.

               

miércoles, 17 de enero de 2024

AQUÍ HAY CANTERA 15/01/2024

Programa emitido en Televigo os luns ás 20:00 horas dedicado ao fútbol base vigués. Esta semana inclúe unha reportaxe do partido que o Xuvenil A disputou ante o Gran Peña e as entrevistas posteriores a Fredo e Andrés, a partir do minuto 14 e 30 segundos da emisión.

domingo, 14 de enero de 2024

O Arenas en Xogo

 

Complicado partido do Prebenxamín B ante un rival moi superior no que xogamos moi ben os dous primeiros parciais que remataron 1-0 e onde tivemos varias ocasións. Grazas a todos os  Minis que axudaron hoxe ao equipo de novo contra nenos moito máis grandes ca eles. Agardemos que a partir de agora non teñamos tantas baixas. E por outra banda, non nos quedaba máis que felicitar ao adestrador do equipo contrario pola forma de xogar ao fútbol do seu equipo, o mellor equipo que vimos xogar ata agora.